Galicia

O Goberno de Galicia aproba aumentar un 40% as axudas para formación de persoas desempregadas

O presidente do Goberno de Galicia, adiantou este venres na rolda de prensa do Consello que o Goberno galego incentivará a formación e a contratación de desempregados a través de unidades formativas en catro empresas de sectores estratéxicos en Galicia, que se comprometen a contratar, como mínimo, ao 60% do alumnado. Por outra banda, anunciou a ampliación nun 40% das axudas para a formación de persoas desempregadas.

O informe presentado hoxe reafirma a aposta do Executivo autonómico por “apoiar ás persoas que queren traballar e non poden”, segundo explicou Feijóo. Deste xeito, poñeranse en marcha nove unidades formativas financiadas ao 100% polo Goberno de Galicia no sector aeronáutico, en Coasa; no agroalimentario, en Coren; no metalúrxico, en Exlabesa; e na prevención de riscos laborais, en Previsonor.

As unidades formativas ofertarán, subliñou o xefe do Executivo, 5.000 horas de preparación para 130 persoas que acadarán unha formación de referencia, das que 84 -un 64%-) obterán un contrato de traballo. Aos 400.000€ que a Xunta investirá nesta formación, sumaranse incentivos á contratación con axudas que poderán chegar aos 9.000€  no caso dun contrato indefinido.

Formación para persoas desempregadas

Ademais, o presidente avanzou que se incrementarán en máis de 15 millóns de euros os incentivos para a formación de desempregados impartida en empresas, concellos e entidades sen ánimo de lucro, así como a súa duración, que pasará a ofrecerse ao longo de todo o ano. Así, a inversión do Goberno galego neste eido aproximarase a preto de 56 millóns de euros, o que supón un aumento do 40% con respecto á convocatoria inicial e do 70,6% en relación á do ano anterior.

A través de 1.440 cursos, dos cales se reservará o 15% para persoas sen estudos básicos, 20.540 persoas percibirán formación cualificada. Estas accións formativas, nas que se dará máis relevancia ás especialidades con maiores índices de inserción laboral, están dirixidas principalmente a persoas desempregadas. Así mesmo, se o total das prazas non se cobre, permitirase unha participación de ata un 25% de persoas traballadoras ocupadas.

Feijóo resaltou que o 64% dos participantes atopan un traballo aos seis meses de rematar a formación. Ademais, lembrou que o Goberno galego tamén destinará 7 millóns de euros para financiar os gastos de transporte, manutención e conciliación do alumnado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.