Vigo al minuto

@omarisquiño, que xuntará a 160.000 persoas en Vigo, será unha das probas puntuables para as vindeiras Olimpiadas

O alcalde, acompañado da presidenta da Deputación, asistiu este mércores á presentación O Marisquiño 2017, que se organizará en Vigo os días 11, 12 y 13 de agosto.

Aumentando cada edición en público e número de asistentes O Marisquiño “é xa é un referente europeo no deporte urbano”, asegurou Abel Caballero, quen fixo un  percorrido pola montaxe de rampas e de gradas xunto con Carmela Silva, e o organizador, Carlos González, Piti.

O alcalde felicitouse porque O Marisquiño será unha das probas puntuables para as próximas Olimpíadas, nas que participará por primeira vez o skate como modalidade deportiva. Na súa intervención lembrou  o retorno económico que este evento supón en Vigo que redunda na creación de “miles de postos de traballo”.

A presidenta da Deputación, pola súa banda, cualificou este certame como «un dos máis importantes de Vigo», con moita proxección internacional e gran incidencia económica tanto na cidade como no resto da provincia. Destacou que Vigo se converte nestes días na capital do deporte urbano do mundo da man dos organizadores -aos que lles agradeceu o seu traballo- e ao compromiso do Concello e da Deputación-que aportan este ano 400.000€-.

Nesta edición, segundo explicou o responsable da organización, o número de participantes internacionais incrementarase nun 50% e se prevé unha afluencia de público superior ás 160.000 persoas.

No maior evento de deporte urbano do sur de Europa, haberá nesta ocasión dez competicións deportivas: Skateboarding, BMX, Dirt Jump, descenso, Flatland, Motocross, Motonáutica, das que tres serán probas puntuables para a copa do mundo: Skateboarding Street, Skateboarding Miniramp e Dirt Jump. Non faltarán actividades complementarias como graffiti, break dance ou música.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.