Comarcas

@ConcelloNigran fixa ata o 18 de agosto o prazo para solicitar as axudas para a compra de libros e material escolar

O Concello de Nigrán abre finalmente ata o 18 de agosto o prazo para solicitar axudas á  adquisición de libros de texto ou material escolar no curso 2017/18 -publicado no Boletín Oficial da Provincia número 133 do 12 de xullo-.

Coma en anos anteriores,  a contía máxima  é de 65€ por cada neno e mantense o requisito indispensable de que os beneficiarios sexan unidades familiares empadroadas no municipio e con fillos matriculados en centros públicos de Nigrán en Educación Infantil no curso 2017-2018.

Como principal novidade, e co obxectivo de chegar ao maior número de familias, increméntanse os ingresos mínimos para poder acceder ás axudas, puntúa o feito de ter discapacidade ou ser familia numerosa, regúlanse os casos de parellas separadas ou divorciadas e a axuda comprende tamén o gasto en material escolar -anteriormente eran só libros-.

Os solicitantes deben achegar toda a documentación -libro de familia, DNI dos pais, IRPF do 2016, recibo de aluguer ou hipoteca- ao Departamento de Benestar Social do Concello de Nigrán -cita previa no 986365000-.

«Cando chegamos ao goberno incrementamos nun 100% a partida orzamentaria destinada a este fin .de 2.500 a 5.000€- agora melloramos as bases para chegar a máis xente, xa que nos anos anteriores non se esgotou a partida. Ademáis, como a estas idades moitos nenos non empregan libros, incluímos a posibilidade de que o gasto sexa para material escolar», indica o alcalde, Juan González

Así, para poder optar á axuda é imprescindible que os ingresos da unidade familiar se adapten a un novo baremo no que os ingresos máximos aumentan unha media dun 15% co obxectivo de chegar a máis veciños.

Se o ano pasado os ingresos medios dunha familia de dous membros non podía superar os 15.745 €/ano, agora pasaría a 17.040,32 € e así sucesivamente. Coma o ano anterior, poderá descontarse ata 300€ mensuais en concepto de alugueiro ou hipoteca.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.