RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Sucesos

Angrois aínda non ten en funcionamento o dispositivo de seguridade ERTMS catro anos despois do accidente

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha serie de preguntas dirixidas ao Ministerio de Fomento para reprocharlle que 4 anos após do accidente de Angrois aínda non está en funcionamento o dispositivo ERTMS na curva de A Grandeira e no entorno da estación de Compostela.

«O dispositivo de seguranza máis avanzado, o ERTMS, segue sin estar en marcha», afirma. «Aínda a estas alturas non sabemos a data concreta na que estará en funcionamento. Nun marco no que a propia Comisión Europea, através da Axencia Ferroviaria Europea, destacou os incumprimentos en materia de seguranza ferroviaria por parte do Goberno na liña de tren do accidente».

Alexandra Fernández salienta que por fin o ano pasado comezaron as obras de instalación deste dispositivo, e estaba previsto un ano para o seu remate. «Mais, o mesmo ADIF é incapaz de pórlle data á súa posta en marcha. A cousa pode ir para longo porque unha vez finalizadas as actuacións, hai que facer os ensaios e as probas, co cal os tempos poden ser dilatados».

A deputada de En Marea subliña que as deficiencias en materia de seguranza ferroviaria ficaron demostradas cando Fomento viuse obrigado a instalar balizas após do sinistro ferroviario para paliar o brusco cambio de velocidade na curva de A Grandeira. De feito, salienta, «unha das pedras de toque do reaberto proceso xudicial, e un dos motivos das denuncias das vítimas do Alvia, é o cambio de proxecto para operativizar o tren sin ERTMS que se fixo no seu día, rebaixando así a seguridade. Algo que sería un escándalo en calquer país avanzado pero que aquí só foi obxecto de bloqueo por parte do Executivo do PP».

Neste sentido, lembrou Alexandra Fernández o traballo realizado por En Marea para que se aprobase a Comisión de Investigación parlamentar, mais «nesta lexislatura, hai uns meses, chegouse ao paroximos de que vetar siquera que esta solicitude pudise ser cualificada».

A parlamentar de En Marea destaca que a reapertura do proceso xudicial levou á imputación do entón Director de Seguridade na Circulación do ADIF. «A día de hoxe, todo o mundo sabe que de ter estado operativo e en funcionamento o ERTMS na curva de Angrois as couas terían sido diferentes, non se tería producido un accidente desas características. O sistema estaba instalado nalgunhas partes da liña Ourense-Santiago pero non funcionaba, e na curva de Angrois só operaba o ASFA, claramente insuficiente».

Alexandra Fernández formula unha serie de cuestións a Fomento para coñecer a data exacta na que estará en funcionamento o ERTMS na zona do accidente, demandándolle que non haxa máis demoras.

También te puede interesar