Ciencia y Tecnología Galicia

@FeijooGalicia adianta que o curso que ven máis de 11.600 alumnos de Primaria e ESO recibirán unha educación totalmente dixital

O presidente do Goberno galego avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que no vindeiro curso escolar incorporaranse ao proxecto E-Dixgal 60 novos centros, incrementando ata 154 o número de colexios que impartirán unha ensinanza completamente dixital. Así, “máis de 11.600 alumnos desde 5º de Primaria a 2º de ESO beneficiaranse desta iniciativa”.

Actualmente, son 7.000 os nenos que aprenden co libro dixital, polo que se produce un incremento de máis de 4.600 alumnos beneficiados no próximo curso 2017/18.

Segundo destacou o presidente Feijóo, a Xunta impulsa deste xeito un proxecto que naceu como experimental no curso 2014/15 e que “agora se consolida, xa que no vindeiro curso o 14% dos centros de ensino obrigatorio públicos contarán con proxectos de educación dixital, seis puntos porcentuais máis que no curso 2014/15”.

O xefe do executivo engadiu que, paralelamente a esta iniciativa, a Amtega xa iniciou a adquisición de ata 22.000 equipos portátiles para os vindeiros dous anos, destinados a alumnos e profesores de centros integrados neste programa.

También te puede interesar