RGPD - Cookies
Sucesos

Atopan morta unha balea ‘alibranca’ de 7 metros de lonxitude, no concello lucense de Cervo

Foto: Facebook de San Ciprián, ‘Peninsula de La Paz’

Unha femia de balea ‘alibranca’ de 7 metros de lonxitude apareceu morta, e en estado de descomposición, en Cervo, no dique sur da factoría de Alcoa, en San Cibrao, dende onde foi levada ata porto polo Grupo de Urxencias Supramunicipal (GES) desta localidade e unha embarcación de Salvamento Marítimo.

Axiña foi avisada a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), que mandou persoal ao lugar para recoller diversas mostras biolóxicas para a súa análise.

A alibranca é unha das especies de cetáceos máis comúns e non adoita achegarse ao litoral.

También te puede interesar