Galicia Sucesos

90 feridos durante unha fin de semana sen mortos nas estradas galegas

ARCHIVO

O 061 asistiu durante a fin de semana a 90 persoas debido a 67 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do pasado venres, 14 de xullo ata 12 da noite menos un minuto deste domingo, día 16. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 27 accidentes.

A Central de Coordinación do 061recibiu nestes días 79 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 67 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 90 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 87. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en cinco sinistros,  as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 77 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes. As ambulancias convencionais acudiron nun sinistro.

En 84 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar