Ciencia y Tecnología

Persoal da concesionaria de Parques e Xardíns do Concello iniciará mobilizacións diarias dende a semana que ven

O cadro de persoal de Valoriza, concesionaria do mantemento de parques e xardíns do Concello, iniciará mobilizacións diarias a partir do vindeiro mércores en resposta aos “incumprimentos por parte da dirección, que se nega a facilitar a información que solicita o comité e está a facer cesión ilegal de traballadores”.

Ademais, a representación sindical denuncia o deterioro do servizo como consecuencia da falta de persoal, até o punto de que a empresa está a utilizar a xardineiros como socorristas nas piscinas para non ter que contratar máis empregados.

Por todo isto, presentaron reiteradas denuncias diante da Inspección de Traballo, que instou a empresa a informar ao comité, “pero seguimos agardando”, asegura a secretaria comarcal da CIG-Servizos de Vigo, Transi Fernández. Ao mesmo tempo, censura que se estea a dar un exceso de horas extra e lembran que o convenio colectivo expirou en 2015, polo que o persoal está dende entón co salario conxelado.

Os traballadores avisan de o deterioro cada vez maior do servizo, “con zonas verdes sen matemento e sen regar axeitadamente” como consecuencia da falta de contratación, circunstancia que está detrás do peche dunha das piscinas de Samil.

“Non é por unha avería como din os responsábeis municipais, senón que se debe a que non queren contratar ás tres persoas que serían necesarias para mantela aberta”. De feito, sinalan que a empresa utiliza a xardineiros que teñen titulación de socorrista para vixiar as piscinas, en lugar de contratar os 17 traballadores para esta función que fixa o prego de condicións. Segundo os cálculos da representación sindical, dos 110 empregados da concesionaria, “unicamente menos de 40 estarían en activo nestes momentos na cidade”.

También te puede interesar