Vigo al minuto

O alcalde convoca este mércores unha concentracion en Vigo para lembrar a Miguel Ángel Blanco

O alcalde ven de convocar unha concentración ante o MARCO, este mércores, día 12 de xullo,  ás 12 horas, para honrar a memoria de Miguel Ángel Blanco, asesinado pola banda criminal ETA hai 20 anos.

“Queremos que na súa figura se simbolice a todas as vítimas do terrorismo”, sinalou Abel Caballero e, engadiu “que tamén sirva de apoio aos familiares de todos os falecidos a mans de actos terroristas”.

As concentracións de Vigo e no resto de España suporán igualmente unha homenaxe á sociedade española que, hai vinte anos, tomou ás rúas “de forma extraordinariamente contundente”, lembrou o alcalde, para amosar a súa “repulsa e rexeitamento absoluto” á banda terrorista, que tivo no asasinato de Miguel Ángel Blanco “o principio da fin” de ETA.

También te puede interesar