Vigo al minuto

O alcalde convoca este mércores unha concentracion en Vigo para lembrar a Miguel Ángel Blanco

O alcalde ven de convocar unha concentración ante o MARCO, este mércores, día 12 de xullo,  ás 12 horas, para honrar a memoria de Miguel Ángel Blanco, asesinado pola banda criminal ETA hai 20 anos.

«Queremos que na súa figura se simbolice a todas as vítimas do terrorismo», sinalou Abel Caballero e, engadiu “que tamén sirva de apoio aos familiares de todos os falecidos a mans de actos terroristas”.

As concentracións de Vigo e no resto de España suporán igualmente unha homenaxe á sociedade española que, hai vinte anos, tomou ás rúas «de forma extraordinariamente contundente», lembrou o alcalde, para amosar a súa «repulsa e rexeitamento absoluto» á banda terrorista, que tivo no asasinato de Miguel Ángel Blanco «o principio da fin» de ETA.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.