Cultura

@depo_es aproba a adxudicación de prazas para o programa ‘En ruta coa Depo’

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación das prazas para participar no programa “En ruta coa Depo”, promovido polo servizo de Cohesión Social e Xuventude. En total serán preto de 20.000 persoas, 1.000 máis que o ano pasado, pertencentes a 300 entidades as que gozarán desta actividade que ten por finalidade crear espazos de unión e convivencia a través do impulso da igualdade de acceso aos recursos turísticos, especialmente para as persoas con diversidade funcional.

“En ruta coa Depo” tamén pretende impulsar actividades alternativas para o tempo de lecer xuvenil, promovendo o asociacionismo entre a xuventude e o ocio dinámico e saudable, así como rutas específicas onde nais, pais, titoras e titores poidan gozar coas nenas e os nenos dun ocio común, san, alternativo e divertido que faga doada a conciliación familiar e laboral durante as fins de semana ou estancias estivais.

A Deputación achega a este programa 260.000 €, 21.500 máis que o ano pasado, e oferta por vez primeira 400 prazas gratuítas para persoas con dificultades económicas ou risco de exclusión social. En total, “En ruta coa Depo” consta de 32 alternativas divididas en rutas temáticas, culturais, marítimas, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas dinámicas e interxeracionais.

También te puede interesar