RGPD - Cookies
Galicia

2,6 millóns de euros para programas de prevención do consumo de drogas impulsados por concellos e entidades privadas

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a convocatoria 2017-2019 de subvencións para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidas por concellos e por entidades privadas sen ánimo de lucro.

A contía das subvencións concedidas pola Consellería de Sanidade aos concellos ascende a 1.475.642€ e outros 1.156.000 destínanse ás entidades.

As actividades desenvolvidas no marco destas subvencións permitirán potenciar  factores de protección e redución de impacto de factores de risco asociados ao consumo de substancias psicoactivas; promocionar estilos de vida saudables; fomentar que os colectivos implicados na prevención  tanto das familias como outros colectivos (docentes, asociacións, etc…) funcionen como axentes de saúde; e reducir a incidencia de problemas sociosanitarios relacionados co uso ou abuso de substancias psicoactivas.

Entre as novidades desta convocatoria destaca a actualización dos programas preventivos -elimínanse os obsoletos e simplifícase a súa clasificación entre básicos e complementarios-. Tamén se introduce á poboación escolar da área xeográfica na que se desenvolverán os proxectos como un novo criterio de valoración -favorecendo que sexan os mozos e as súas familias os destinatarios das actividades preventivas-; se incrementa a porcentaxe máxima de subcontratación de actividades ata o 75% da contía total concedida -ata o de agora era do 50%-, co obxectivo de que se programen actividades nos concellos con menos recursos; e se modifica a xestión dos pagamentos.

Esta actuación enmárcase dentro do conxunto de actividades que se desenvolven no marco do Plan Galego de Trastornos Aditivos. Para a Consellería de Sanidade o consumo de substancias psicoactivas e as adiccións constitúen un problema sociosanitario de primeira magnitude en Galicia, polo que o Plan recolle tanto actuacións preventivas como de redución de riscos e diminución de danos; así como medidas lexislativas e de vixilancia da normativa vixente en materia de condutas aditivas.

O prazo de presentación de solicitudes que será dun mes. A convocatoria é de carácter bienal, o que permitirá o desenvolvemento das actividades sostidas no tempo e polo tanto de maior eficacia. As bases, en réxime de concorrencia competitiva, especifican o proceso de solicitude para a concesión das axudas, e inclúen un listado de criterios de valoración dos proxectos presentados por parte de concellos e entidades para elixir os de mellor calidade técnica, así como fomentar o asociacionismo entre entidades locais e a xestión compartida de recursos. Tamén especifican o período de realización das actividades mencionadas

También te puede interesar