Galicia

Este xoves se lanzará o ‘Bono Autónomo’ con 3.000€ para cada autónomo galego que consolide o seu negocio

O presidente do Goberno de Galicia avanzou que este xoves o Executivo aprobará a creación do Bono Autónomo, unha iniciativa pioneira que facilitará 3.000€ aos autónomos para consolidar o seu negocio. Calcúlase que esta medida poida beneficiar este ano a 1.000 traballadores por conta propia, sempre que leven un mínimo de 42 meses- 3 anos e medio-de actividade.

Con este bono poderanse financiar actividades como servizos de comunicación ou relanzamento comercial, un plan de mellora empresarial ou asistencia para xestión financeira ou optimización de procesos, entre outros.

No encontro ‘Os nosos autónomos, a nosa forza’, o presidente Feijóo repasou tamén algunhas das medidas da Estratexia do autónomo 2020, na que se inscribe o Bono Autónomo e que está dotada con 40 millóns de euros anuais ata o final da década. Entre elas está a Oficina do autónomo, unha xanela única na que cada autónomo poderá dispoñer de información de interese, como as axudas que pode recibir. “O autónomo non debe traballar para pagar a Administración, senón que a Administración debe traballar para facilitarlles a vida aos autónomos”, reivindicou.

Tamén a ampliación en 16 semanas adicionais da bonificación do 100% da cota á Seguridade Social do traballador contratado cando unha persoa autónoma teña un fillo. “Deste xeito, a baixa por maternidade ou paternidade será o dobre que no resto de España”, afirmou o presidente.

Prioridade política

Feijóo lembrou que oito de cada  dez euros dos fondos previstos para os autónomos ao longo de todo o ano xa estarán activados ao final deste mes. Deste modo, os autónomos consolídanse como unha prioridade nas políticas públicas, tanto a nivel autonómico como estatal.

 

También te puede interesar