Vigo al día

Este xoves, día 15, empezan a traballar os socorristas nas praias de Vigo

O Concello pon este xoves en funcionamento o dispositivo de verán en dez praias da cidade: A Punta (Teis), O Tombo do Gato, Argazada (Alcabre), Samil, O Vao, Fontaíña (Coruxo), Canido (San Miguel de Oia), Fortiñón (Saiáns), Rodas e Figueiras (Illas Cíes).

O  servizo municipal de salvamento e socorrismo estará composto por 81 profesionais en total e funcionará do 15 de xuño ao 15 de setembro. O Concello adica 426.000€ ao mesmo co obxectivo de procurar a máxima “seguridade” aos usuarios das praias da cidade.

O alcalde ssinalou que 65 persoas se encargarán do socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria nas praias, mentres que outros 16 axentes da Unidade Costa e Praia da Policía Local, con base en Samil, cubrirán todo o litoral vigués, incluídas as Illas Cíes. A este respecto, este ano haberá un reforzó da presenza policial no arquipélago nas noites das fins de semana, cando poderá haber ata seis efectivos.

Autobuses ás praias

O Concello e Vitrasa amplían dende este mércores o percorrido das liñas C3, L4C e L23 para dar servizo ás praias.

También te puede interesar