Deportes

A 5ª Edición do Día do Benxamín, organizada polo Ses do Nadal-Coia, xunta a 300 deportistas en Vigo

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizou este domingo día 11 a Quinta Edición do Día do Benxamín Vigo-Arousa nas instalacións e no exterior do pavillón municipal de Navia.

Un total de 24 equipos de categoría benxamín e procedentes da delegación de Vigo e da delegación de Arousa participaron nesta celebración que organiza a entidade viguesa na recta final da presente tempada 2016/2017.

Preto de 300 deportistas, protagonizaron unha gran festa do baloncesto, que marcou o final da tempada, no polideportivo municipal de Navia no que houbo cinco pistas no interior do pavillón. Nestas cinco pistas xogaron 38 partidos de categoría benxamín de 4 a 8 da tarde.

Ademais a organización do Día do Benxamín preparou para tódolos nenos e nenas participantes unha actividade de zumba aerobic e a gran visita dos Bombeiros para realizar unha actividade de auga.

 

También te puede interesar