RGPD - Cookies
Galicia

Tráfico intensifica dende este luns os controis de alcol e drogas aos condutores que circulan polas estradas galegas

Dende este luns, axentes da Garda Civil de Tráfico multiplican os controis de consumo de alcohol e drogas ao volante, iniciativa na que a Dirección Xeral de Tráfico quere potenciar a  colaboración cos concellos para realizar estes controis en zonas urbanas, sobre todo nos lugares de ocio.

O alcol é a principal causa nun terzo dos accidentes de circulación con vítimas mortais: a súa presenza na condución multiplica de dúas a 15 veces os riscos de sufrir un sinistro.

A Delegación do Goberno do Goberno en Galicia subliña que a única taxa segura é o cero por cento, porque a inxestión de alcol multiplica o risco de sufrir un accidente.

También te puede interesar