Destacados

@En_Marea aproba apoiar a moción de censura presentada por Unidos Podemos á xestión de Mariano Rajoy

Este sábado 20 e domingo 21 En Marea vén de consultará ás súas bases sobre o apoio á moción de censura presentada polo Grupo Parlamentar de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea a Mariano Rajoy, “unha moción cidadá contra a corrupción que invade as institucións gobernadas polo PP”, sinala En Marea nun comunicado.

Esta consulta realizouse telematicamente -tamén desde os locais que mareas municipalistas habilitaron para facilitar o voto asistido- na que todas as persoas inscritas foron consultadas sobre a pregunta «Estás de acordo en que En Marea preste o seu apoio político á Moción de Censura impulsada polo Grupo Parlamentar de Unidos Podemos-En Comú podem-En Marea no Parlamento Español?»

Das 2.061 persoas con dereito a voto, exerceron o mesmo un total de 763-o 37,02%- das cales dixeron ‘Sí’, 649, o 85,06%, e ‘Non’ 114, o 14.94%.

En Marea subliña que “este resultado é un apoio claro” das súas bases para secundar á moción de censura.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.