Vigo al minuto

Aberto ata o 19 de xuño o prazo para solicitar no Concello unha bolsa de comedor escolar

O Concello abriu o prazo- que remata o 19 de xuño-para solicitar unha bolsa de comedor escolar para o vindeiro curso 2017-2018. O alcalde lembrou que o Concello concede sobre 5.000 axudas de comedor cada ano cun orzamento reservado de 1,8 millóns de euros.

“Mentres eu sexa alcalde”, manifestou Abel Caballero, “ningún neno nin nena en Vigo que teña necesidade económica se quedará sen a súa bolsa de comedor” e garantiu que o importe reservado para as bolsas pode ser incrementado en función da demanda: “se esta cantidade de 1,8 millons resultase ser insuficiente, a ampliariamos o que sexa preciso para que ningún neno nin ningunha nena se quede sen a súa bolsa de comedor”, salientou.

Caballero engadiu que o goberno vigués traballa actualmente na tramitación da convocatoria deste ano do Plan de Axudas Extraordinarias a Familias. O Concello avanza na avaliación das 2.700 solicitudes presentadas.

O Plan de Axudas Extraordinarias a Familias concede apoio económico á cidadanía que o precisa para os seus pagos de vivenda -aluguer e hipoteca-, enerxía -gas e electricidade- e alimentos -a través dunha tarxeta tipo bancaria-. O Concello reserva ao efecto 2,6 millóns de euros nas contas de 2017.

O rexedor vigués puxo en valor esta iniciativa municipal, que sirve para “evitar desafiuzamentos, pava evitar a pobreza enerxética” na cidade, e tamén garantiu que “incrementaremos todo o que sexa preciso” a partida económica para atender a demanda.

También te puede interesar