Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

@eva_solla presenta no Parlamento unha proposión para que a Xunta compre o Hospital Cíes

En Marea rexistrou unha iniciativa no Parlamento de Galicia para que a Xunta de Galicia realice as xestións necesarias para usar ou adquirir o edificio destinando o mesmo a cubrir as demandas sanitarias ou sociosanitarias da zona, garantindo o carácter e a xestión pública.

O edificio, utilizado como hospital, está dotado de material sanitario como por exemplo quirófanos e cunha superficie de 3.677 metros cadrados, compostos segundo rexistro de dúas fincas urbanas, de edificio e terreo que constitúe unha parcela de 2.119 metros cadrados.

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, ten denunciado xa en diversas ocasión que “a devolución do edificio por parte da Xunta á Tesorería da Seguridade Social, supuxo unha perda máis na área sanitaria de Vigo de patrimonio público para uso sanitario, o que impide levar a cabo proxectos de mellora da área sanitaria como o Centro de Alta Resolución no ámbito da atención hospitalaria”.

Con todo, tendo en conta que a poxa quedou baleira, “o Goberno galego ten unha nova posibilidade para solicitar unha cesión ou adquirir o edificio, mantendo un uso público, sanitario ou sociosanitario, co que atender as demandas da zona”, como salientou Eva Solla.

Por todo isto e “esperando que a Xunta non deixe escapar esta nova oportunidade”, o grupo de En Marea ven de rexistrar unha proposición non de Lei na que se propón que o Parlamento de Galicia inste á Xunta de Galicia a: Realizar as xestións necesarias para poder usar ou adquirir o edificio Xeral Cíes, destinando o mesmo a cubrir as demandas sanitarias ou sociosanitarias da zona, garantindo o carácter e a xestión pública.

También te puede interesar