Ciencia y Tecnología Galicia

Nace a ‘Plataforma Stop Vespa velutina’, integrada por 24 asociacións e impulsada polo Sindicato Labrego Galego

O Día Mundial das Abellas é unha celebración internacional para facer difusión sobre a importancia das abellas e reivindicar a súa necesaria protección como gardiás do medio ambiente.

Aproveitando esta reivindación, presentarase este sábado a ‘Plataforma Stop Vespa velutina’ que ten como obxectivo presionar á administración na asunción de competencias sobre esta problemática medioambiental que afecta a toda a sociedade.

O obxectivo da Plataforma é esixir a asunción de competencias sobre a problemática do tártago asiático por parte da Consellería de Medio Ambiente no ámbito de Galicia, e máis do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente no ámbito Estatal,  nas seguintes cuestións: impulsar a investigación, a importancia da loita preventiva, a necesidade dun organismo único e a labor de divulgación social. Estas peticións foron recollidas nun documento de mínimos e entregadas na Consellería de Medio Ambiente e no Ministerio de Agricultura esta semana.

A plataforma nace á iniciativa da Asociación Galega de Apicultura e o Sindicato Labrego Galego e está integrada actualmente por 24 organizacións de diferentes sectores, apícola, ecoloxista, sindical e universitario. 

“Dende esta plataforma consideramos que a problemática da Vespa velutina non é competencia exclusiva da Consellería de Medio Rural, como ata agora se leva atribuindo por vía administrativa, se non que tamén e especialmente de Medio Ambiente”, sinalan dende a nova asociación.

Ao seu xizo, a lexislación existente sobre as Especies Exóticas Invasoras (EEI) regula as mesmas considerándoas un problema medio ambiental polos desequilibrios que provocan nos ecosistemas autóctonos.

Nestes documentos reflictense os importantes danos causados por estas especies invasoras en Europa -12,5 millones de euros/ano, ademais dos importantes danos medioambientais– e regúlanse tamén as obrigas das Administracións con competencia medio ambiental na xestión da problemática.

“A invasión da Vespa velutina é un problema de toda a sociedade, aínda que o sector apícola sexa o perxudicado máis directo, e como tal queremos enfocar esta loita”.

También te puede interesar