Comarcas

@obloque cualifica de «explotación laboral» as condicións nas que están os traballadores da ampliación de Rande

O deputado do BNG, Luís Bará denunciou  que unha “obra da envergadura” da ampliación da AP-9 ao seu paso pola ponte de Rande debería ser exemplo de condicións laborais e salariais xustas e “non todo o contrario”.

O deputado compareceu ante os medios de comunicación para denunciar a situación do sector da construción nas obras de ampliación da AP-9 que cualificou de “explotación laboral” con xornadas prolongadas de  ata 12 horas, salarios de 8€  á hora que inclúen a pagas extras e vacacións e traballos que deben ser realizados a 60 metros de altura sen o pertinente descanso.

Para o deputado, esta situación provoca “un fraude a Facenda e a Seguridade Social” e o gran número de horas traballadas  polos  actuais traballadores, entre 210 e 300, impiden que se xeren novos postos de traballo.

Bará  anunciou que o BNG levará ao Parlamento iniciativas para denunciar estas irregularidades e “forzas que a Xunta tome medidas urxentes” porque, explicou, polo momento, só se produciron pequenos accidentes sen relevancia pero destacou que  o índice de   sinistralidade na construción é moi alto e “toda seguridade é pouca” para previr males maiores.

Para Bará, a AP-9  representa  “un roubo” para todos os galegos e galegas durante moitos anos” e agora as obras para ampliar a capacidade da ponte de Rande, a través do convenio asinado por Fomento e a concesionaria AUDASA está a provocar unha situación que “conculca os dereitos básicos da clase traballadora” con explotación laboral, xornadas que se prolongan ata 12 horas e “fraude a Facenda e a Seguridade Social”, reiterou.

Pola súa parte, os representantes da Federación da construción da madeira da CIG, Xoán Xosé Melón e  Carlos Méndez  incidiron nas mesmas denuncias realizadas polo deputado nacionalista e lembraron que noutras construcións públicas como a depuradora de Vigo ou o Hospital Álvaro Cunqueiro, “os abusos” aos traballadores fixeron necesario crear unha comisión de seguimento. Sen embargo, explicaron  os representantes da CIG agora  vímonos obrigados a  abandonar a comisión de seguimento das obras da AP-9 ante a imposibilidade de “frear as irregularidades salariais e laborais”  polo que  decidimos iniciar as denuncias noutros foros como o do Parlamento galego.

Tras  agradecer o apoio ao grupo parlamentar do BNG, Xosé Melón e Carlos Méndez  insistiron en que as condicións laborais e salariais deben mudar polo que seguirán reclamando  “ o rexistro de xornada, pago por transferencia bancaria acorde co convenio, pagas extras, vacacións e dous turnos de traballo de 8 horas” porque   a administración “debe cumprir a legalidade”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.