Galicia

#EnGalegoSenLímites berran milleiros de persoas en Compostela

Milleiros de persoas percorreron as rúas de Compostela, atendendo o chamamento de ‘Queremos Galego’, para esixir ás autoridades do Goberno de Galicia que impulsen os avances precisos para que sexa posíbel vivir o día a día usando o idioma galego sen trabas.

A manifestación saíu da Alameda de Santiago pasadas as 12 encabezada por unha faixa na que podíase ler  ‘En galego sen límites’. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, reivindicou o dereito a vivir en galego sen atrancos en actos tan normais coma “abrir unha conta bancaria no noso idioma” e, ao tempo, alertou do feito de que o galego ten cada día menos presenza no ensino.

También te puede interesar