Galicia

18 portos galegos acadan a Bandeira Azul

18 portos galegos dos que 15 dependen da Consellería do Mar e os outros tres de Autoridades Portuarias, conseguiron este ano o distintivo Bandeira Azul que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC, e que recoñece a calidade das instalacións e servizos dos peiraos deportivos, entre outros.

No caso dos portos de titularidade autonómica, os 15 operadores de portos deportivos que recibiron o distintivo foron Ribadeo, Viveiro, Ares, Camariñas, Muxía, Portosín (Porto do Son), Cabo de Cruz (Boiro), San Vicente do Mar (O Grove), Portonovo (Sanxenxo), Juan Carlos I (Sanxenxo), Cangas, Moaña, Monte Real Club de Iates de Baiona, Sada e Porto Deportivo de Baiona. Estes dous últimos incorpóranse á lista de galardoados nesta edición, xa que o ano pasado non acadaron o distintivo.

Todos os clubs náuticos, mariñas e empresas xestoras premiados tiñan presentado a súa candidatura oficial ao galardón impulsados por Portos de Galicia, o ente público titular do conxunto das instalacións náutico recreativas dependentes da Xunta de Galicia.

A cifra acadada nesta edición supón un novo pulo, como viña ocorrendo nos últimos anos, dende que o galardón se ampliou das praias ás instalacións náutico recreativas. Así, a cifra de peiraos autonómicos con Bandeira Azul experimentou un destacado incremento dende a primeira edición de 2009 na que se distinguiron portos, cando se outorgaron 3 distintivos a instalacións galegas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.