Video Vigo al minuto

@primaveradocine segue coa súa actividade este domingo en horario de mañá e de tarde-noite

O Festival Primavera do Cine de Vigo continuará este domingo coa súa oferta audiovisual que se prolongará ata o día 14 de maio, data na que se celebrará a entrega de premios e a gala de clausura do certame.

Mañá, día 7, están previstas actividades no Auditorio do Marco-dende as 11- e de tarde- noite, no Auditorio Municipal do Concello. Os máis pequenos poderán gozar de dúas sesións, programadas, para as 11.00 e as 12.30 h respectivamente, de 6 curtametraxes de animación infantil no Auditorio do Marco.

A tarde de cinema no Auditorio Municipal dará comezo ás 17.00 h con esa mesma oferta de animación infantil e continuará, ás 18.30 h, cun bloque de 5 curtametraxes galegas. A xornada rematará, neste mesmo escenario, ás 22.00 h, coa curtametraxe brasileira Entremundo, que narra a vida nunha veciñanza de Sao Paulo e co documental Mataram Nossos Filhos, que aborda a temática da violencia no Brasil.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.