Vigo al minuto

O Goberno local aproba adicar 1,2 millóns de euros a axudas municipais de libros, material e comedor escolar

O alcalde confirmou este martes que o Goberno local aprobou as bases para a concesión das axudas municipais de libros, material e comedor escolar para alumnado de centros públicos e concertados de Infantil, Primaria e Secundaria para o vindeiro curso.

Abel Caballero adiantou que o Concello adica 1,2 millóns ao efecto que se engaden aos máis de 600.000€ que tamén destina a comedor escolar a través do convenio coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FOANPAS).

O alcalde lembrou que, sendo competencia do Goberno de Galicia, o Concello “supera os 1,8 millóns de gasto para conceder 5.000 bolsas de comedor escolar en Vigo”.

También te puede interesar