Deportes

Clubes e entidades deportivas poderán tramitar e axudas e subvencións coa Deputación por medio de Depo Informa

Deputación de Pontevedra vén de poñer en funcionamento unha nova ferramenta, dispoñible na súa páxina web, baixo o nome de “Depo Informa”. Trátase dunha base de datos de clubs deportivos, a través da cal todas as entidades deportivas poderán transmitir e dispoñer de información en tempo real de asuntos de grande interese para o fomento do tecido asociativo deportivo, temas como, entre outros, liñas de axudas e subvencións.

A presidenta do organismo provincial remitiu nos últimos días unha serie de cartas destinadas ás asociacións, clubs e demais entidades que se poderán beneficiar da ferramenta “Depo Informa”. Esta ferramenta ten como obxectivo, ademais, fomentar e facilitar as súas relacións administrativas coa Deputación de Pontevedra.

«Esta é unha das iniciativas contempladas no Plan Estratéxico do Deporte 2017-2020», no que xa se formulaba a posta en marcha dunha ferramenta 3.0 aberta a todas as entidades e que tería como finalidade mellorar a xestión do deporte na provincia de Pontevedra. Deste xeito, “Depo Informa” nace como un centro de consulta e información dixital, un novo mecanismo de comunicación no que poder contar cunha ampla variedade de información de interese.

As entidades interesadas poderán inscribirse cubrindo o formulario de adhesión que se pode atopar nesta ligazón.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.