Ciencia y Tecnología Vigo al día

As cintas mecánicas cubertas de Gran Vía permitirán ir dende Urzáiz á Praza de España en 2 minutos

O alcalde informou este xoves da aprobación dos expedientes de contratación por procedemento aberto da redacción dos proxectos de rehabilitación e transformación da Gran Vía e do soterramento do tráfico rodado da Porta do Sol.

Respecto do primeiro, cun importe de contratación de 218.000€, Abel Caballero destacou que a instalación de cintas mecánicas cubertas desde Urzáiz ata a Praza de España suporán unha “revolución” e permitirán facer ese percorrido en 2 minutos e medio, como un novo medio de transporte, apuntou.

O proxecto prevé a eliminación de interseccións e habilitaranse túneis. O rexedor lembrou que forma parte do Vigo Vertical, dotado de 19 millóns, dos que 15 os achegan os fondos Feder e o resto, o Concello.

Respecto do soterramento do tráfico rodado na Porta do Sol, a redacción do proxecto sae a concurso por 217.000€, coa intención de que as obras comecen a finais de ano e se prolonguen 18 meses.

A Porta do Sol -que conservará o parking- se transformará nunha gran praza colectiva, que anexionará as prazas da Princesa e da Constitución nun conxunto peonil conectado que comezará na Farola de Urzáiz, pasando por Príncipe, ata conectar co Casco Vello.

O orzamento inicial da remodelación da Porta do Sol é de 8,6 millóns e, segundo detallou, aproveitarase o actual aparcamento para crear un vial soterrado de dobre dirección de ata 210 metros de lonxitude.

También te puede interesar