Deportes Vigo al minuto

O Concello pon en marcha un ‘Camiño a Camiño’ habilitado á persoas con mobilidade reducida

O Concello vén de poñer en marcha «unha nova dimensión do Camiño a Camiño» que pasa por converter o monte en accesible para persoas con mobilidade reducida. O Concello dispón de tres cadeiras de rodas que contarán con dous portadores cada una delas, ademais dun guía que lles explicará os temas relacionados co patrimonio natural e artístico.

O proxecto consiste en que familias con persoas con discapacidade ou mobilidade reducida poidan facer senderismo a través dos montes de Vigo. Os interesados solicitarán unha cadeira de rodas que levará aparellados dous porteadores e un guía que lles explicará temas vencellados coa interpretación do patrimonio natural e artístico do monte.

Para este Camiño a camiño adaptado, o Concello conta con tres cadeiras de rodas, dous delas propiedade municipal e unha terceira doada pola Naviera Mar de Ons, un xesto que o rexedor agradeceu «pola súa sensibilidade».

Os porteadores, segundo explicou o alcalde, serán xogadores e xogadoras do equipo Vigo Rugby Club masculino e feminino que recibirán unha remuneración por este servizo. O conxunto do orzamento deste programa ronda os 11.000€.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.