Comarcas

500 nenas e nenos plantan en @ponteareas_gal máis de 100 árbores

Alumnos e alumnas dos centros educativos de Ponteareas celebraron o Día da Árbore con distintas actividades deseñadas polas concellerías de Medio Ambiente e Ensino que xestionan, respectivamente, o alcalde Xosé Represas e a concelleira Cristina Fernández.

As actividades, encamiñadas á concienciación medioambiental dos escolares ponteareáns, desenvolvéronse no Regato da Venda dende as 10 horas e a elas asistiron preto de 500 alumnos distribuidos en tres quendas  de mañán para os de primaria e de unha quenda de tarde para o alumnado da ESO.

Tal e como explicaba a concelleira de Ensino, Cristina Fernández, primeiramente os voluntarios e voluntarias de ‘Voltea Condado’ informaron ao alumnado sobre os traballos que se desenvolveron para a recuperación do Regato da Venda para, posteriormente falarlles das medidas que se poden adoptar para non contaminar os canles ou das árbores e flora que compoñen as súas beiras, entre outros temas.

Posteriormente, procederon á plantación de máis de 100 árbores para zonas húmidas, unha actividade que non só se centrou na plantación sen si, senón que se lles explicou onde e porque se plantan, bautizando ás árbores.

A actividade contou coa colaboración da Comunidade de Montes de Xinzo que fixo doazón de árbores.

Tanto Cristina Fernández como Xosé Represas, salientan a importancia de desenvolver ese tipo de iniciativas “xa que a concienciación medioambiental e a posta en valor dos espazos naturais, debe ser algo que se inicie xa nos centros escolares”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.