Galicia Sucesos

Un morto e 74 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

Accidente (ARCHIVO)

O 061 asistiu durante a fin de semana a 75 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres ás 12 menos un minuto da noite deste domingo.O día que rexistrou máis incidentes foi o de onte con 18 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 75 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 79. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en 11 sinistros,  o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 57 accidentes e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en dous sinistros.

En 67 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar