Vigo al día

@MareaVigo denuncia a “morte por afixia” do tecido cultural da cidade

“A cultura viguesa está a asfixiarse por mor das axudas nominativas que expide o goberno de Abel Caballero”, iso é o que denuncia Marea de Vigo. Ao seu xuizo, estas axudas en forma de convenio -que deberían ser de concorrencia competitiva, repártense sen ter coñecemento do proxecto. As responsábeis do Ensalle demandan que as axudas se repartan con concorrencia competitiva e cun epígrafe que expida de maneira lóxica e obxectiva tales achegas.

“O Concello de Vigo repártelle ao Teatro Ensalle 4.000€ en forma de axuda nominativa; unha cantidade que vén sendo o 2,3% do presuposto total no 2016. Temos que ter en conta, que o Teatro nútrese de tres principais institucións: 2,3%: Concello de Vigo, 24% Xunta de Galicia e 28% Ministerio de Cultura: o resto é presuposto posto polo Teatro”.

Marea cre que ao Concello de Vigo corresponderíalle outorgar unha axuda ao Teatro que fose para investir en infraestrutura, “mais o Concello entrega axudas para a programación”, cousa que non é competencia do organismo local, senón que é algo que lle corresponde ao Ministerio; o cal esixe para acceder ás axudas estatais que os teatros sexan interautonómicos -máis de 3 comunidades autónoma-) para poder conseguir unha axuda viable. A Xunta esixe que o 50% sexa galego e que haxa tránsito entre compañías de distintas provincias. É por estes requisitos, que se “o Concello falla, tamén o fai a Xunta e o Ministerio”, apunta un dos responsábeis do Teatro.

Grazas ao Ensalle, os organismos de cultura da Xunta e do Estado investiron en 13 anos máis de 2 millóns de euros en Vigo; polo que o Concello non está valorando que só cun 2,3% de investimento consigue unha cantidade moi significativa que fai emerxer á cultura viguesa, e que se fose unha cifra digna, podería manterse sen problemas un dos teatros alternativos máis importantes do estado. O organismo local investiu soamente 40.000€ ao longo da historia do Teatro.

“A esperanza do norte”, como lle chama moita xente da península ao Teatro Ensalle, está a organizar -sen axudas institucionais- unhas xornadas de cultura con ECOAR; onde encherán de arte catro días de maio e onde actuarán compañías internacionais. O obxectivo é visualizar a desidia das institucións pola cultura e reflexionar sobre como achegar o teatro á sociedade.

Ao ser o Teatro Ensalle tanto unha referencia estatal en estilos artísticos -como a danza contemporánea-, como unha principal porta de entrada da cultura e de cartos a nosa cidade, así como de saída de proxectos cara o mundo; non é de recibo que este goberno non mostre interese polos seus proxectos e lle dea practicamente unha esmola para garantir a súa continuidade; plasmando, iso si, o selo do Concello nos carteis do Teatro; pois o investimento medio anual desta sala oscila entre os 140.000€ e os 180.000€, polo que os 4.000€ que reciben do Concello é unha cantidade ridícula respecto ao investimento e á riqueza cultural que está a recibir Vigo grazas a súa labor. Esta cifra resulta aínda máis vergoñenta se a comparamos cos 8.500€ anuais que recibe o Teatro a través da ‘Asociación Amigos del Teatro Ensalle’; que composta por 40 socias e socios, aportan máis do dobre que o Concello de Vigo.

También te puede interesar