Galicia

A Plataforma Galega en Defena do Ensino Público convoca folga este xoves, dái 9, en todos os niveis educativos

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga en todos os niveis educativos de Galicia para este xoves, día 9 de marzo, contra a  LOMCE, os recortes no ensino público, para restituír os dereitos laborais e salariais do profesorado e mellorar a calidade do ensino mediante una Lei Galega de Educación.

Ante a posibilidade de que se elabore un pacto entre as forzas políticas estatais que prexudique gravemente a situación do noso ensino, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público considera necesario mobilizarse unha vez máis en defensa do ensino público galego para exixir a derrogación da LOMCE e unha lei galega de educación.

Para a Plataforma Galega o o chamado “pacto pola educación” proposto polo PP  é un engano e unha farsa cuxo obxectivo non é outro que consolidar os principios e fundamentos da LOMCE. «En Galicia non sufrimos os recortes do mesmo xeito que no resto do Estado e o noso ensino ten necesidades específicas pola nosa realidade diferenciada. Por iso é fundamental a participación masiva na folga».  A Plataforma lembra ademais que a LOMCE segue vixente e as reválidas adiadas, non derrogadas, até coñecer o resultado do “pacto pola educación”.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ten convocadas para ese día mobilizacións ás 11.30 horas que sairán dos seguintes lugares: A Coruña: Praza de Vigo; Ferrol: Praza de España; Lugo: Praza da Horta do Seminario; Ourense: Subdelegación do Goberno; Pontevedra: Praza da Peregrina; Santiago: Alameda; Ribeira: Diante do IES Nº1; Vigo: Praza Amérca e Vilagarcia: Praza de Galicia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.