Vigo al minuto

O Boletin Oficial da Provincia publica o anuncio de exposición pública do Centro Vialia e a Estación do Ave de Urzáiz

O alcalde informou este venres da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPP) do anuncio de exposición pública do proxecto integrado do Centro Vialia, a estación do AVE de Vigo e a terminal de autobuses a fin de que se abra un prazo de 20 días hábiles para presentar alegacións ou as cuestións pertinentes.

Rematado ese período, segundo sinalou Abel Caballero,o Concello emitirá un informe favorable á aplicación da Lei de medidas urxentes para proxectos de excepcional interese e, posteriormente, ADIF adxudicará o proxecto na primeira reunión que teña.

Segundo explicou, este luns 6 de marzo producirase unha reunión técnica en Madrid para axustar as cuestións necesarias do proxecto e, posteriormente, o alcalde e o presidente de ADIF, Juan Bravo Rivera, acordaron celebrar un encontro para o impulso político e administrativo do Centro Vialia, nun prazo de 10 días. «Queremos ir a toda marcha para que a adxudicación se faga no prazo máis breve posible, coa vista posta a finais deste mes de marzo» e sinalou que «estamos camiñando extraordinariamente ben» con este proxecto, traballando con vontade e cooperación con ADIF.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.