Vigo al minuto

A ‘Casa do Patín’ de Bouzas estará aberta para sede de colectivos cidadáns, espazo de lectura e oficina municipal

O alcalde visitou este luns a recuperada Casa do Patín, en Bouzas, un “edificio singular de importancia histórica” de Vigo, que será adicado para usos públicos: sede de colectivos cidadáns, un espazo de lectura, un salón de actos e unha oficina municipal.

Abel Caballero lembrou que hai cinco anos este inmoble era unha “ruína” maila a ser un dos edificios máis importantes da cidade “e estar catalogado con protección integral”.

Segundo subliñou, no mandato anterior o goberno local acordou a súa expropiación, por algo máis de medio millón de euros, no 2013 acometeu obras de urxencia para garantir a súa estabilidade, no 2014 aprobou o proxecto básico e de execución,  licitou a obra por case medio millón de euros e adxudicouna en 385.000.

También te puede interesar