Comarcas

@ConcelloNigran denuncia o estado de abandono no que ten @Xunta o exterior do Centro de Saúde de Panxón

O Concello de Nigrán ven de denunciar o “estado de completo abandono no que a Xunta mantén o exterior do Centro de Saúde de Panxón, un edificio que foi inaugurado en xuño do ano pasado”.

Así, indica o Goberno local, o terreo de natureza dunar de 4.395 metros cadrados sobre o que se asenta esta moderna construción de 1.375 metros cadrados, ofrece una imaxe de deixadez e descontrol absolutos, funcionando na práctica como “aparcamento improvisado” de vehículos e non como zona de recreo e lecer, que é o que se contemplaba e que realmente nunca chegou a ser.

«A imaxe é lamentable: o sistema de rego está roto debido aos vehículos, ás árbores están secas, o terreo totalmente descoidado… O contraste entre o edificio moderno e o exterior é brutal», sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que prácticamente tódalas semanas recibe queixas de veciños.  Neste sentido, urxe á Xunta a que tome cartas no asunto e recupere este espazo, «O ano pasado lle demos autorización para facer un peche perimetral e todo segue igual, no verán foi un caos de coches e a situación non mellorou», insiste.

O centro de saúde está construído nunha parcela que o Concello cedeu á Xunta no ano 2006, sendo o proxecto unha realidade en 2016 tras unha década de retraso.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.