RGPD - Cookies
Vigo al día

Empeza a reforma da bancada de Río, en Balaídos, que estará rematada para o comezo da vindeira tempada

O alcalde asinou este martes o contrato de remodelación da bancada de Río, de Balaídos, unha obra que ten un orzamento de 5,5 millóns e que estará rematada antes de que empece a tempada próxima, 2017-2018.

Abel Caballero sinalou que a bancada terá unha nova cuberta, peche envolvente para a fachada e actuacións de acondicionamento xeral para mellorar o confort e a seguridade dos usuarios. O proxecto contempla tamén melloras nos asentos.

Caballero lembrou que a «gran reforma» de Balaídos comezou a súa tramitación «hai case tres anos» e anotou que a remodelación de Río podería ter comezado en decembro, mes no que o goberno de Vigo adxudicou a obra, se o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais non tivese paralizado cautelarmente o proceso ante a denuncia interposta pola Asociación en Defensa de Vigo, suspensión que quedou onte levantada ao non admitir o Tribunal o nomeado recurso, coma informou onte vigoalminuto.

O alcalde subliñou que a denuncia desta Asociación pretendía «xerar problemas, paralizar, retrasar» a remodelación do estadio, que é «seguramente a reforma máis importante que ten ningún campo de fútbol de propiedade pública en toda Europa».

A xuizo de Caballero a devandita denuncia “nos birlou dous meses de obra e produxo serios inconvintes, un recurso que agora xa se ve que era pura política».

También te puede interesar