Ciencia y Tecnología

O temporal arrasa por completo o paseo de madeira da Praia de Prado, no @ConcelloNigran

A forte oleaxe arrastrou por completo esta noite co paseo de madeira da praia de Prado, na parroquia de Priegue. Ata o lugar se achegaron este venres pola mañá o alcalde e técnicos municipais que xa deron parte do destrozo á Dirección Xeral de Costas, que a súa vez desprazou inspectores para valorar os danos e, entre as dúas administracións, buscar unha solución de cara a tempada estival.

O paseo, duns 20 metros, bordeaba o areal e daba aceso ao mesmo -igualmente, permanece intacto o aceso mediante unha ampla rampa de formigón ou tamén por escaleira-.

A plantilla ao completo de Vías e Obras do Concello traballou durante toda a mañá retirando árbores caídos en diferentes estradas e camiños, fundamentalmente nas parroquias interiores de Camos e Parada -nesta última viuse abaixo un pequeno muro nun aceso a un camino-.

Dúas árbores obstaculizaban a zona de aparcamento de autobuses do IES Val Miñor, fora do recinto escolar. Os operarios tiveron que retirar múltiples sinais derribadas polo vento, e desatascaron cunetas e regatos co fin de evitar inundacións ante a previsión de máis choiva.

También te puede interesar