Comarcas

@ConcelloNigran disporá, dende este verán, dunha vivenda temporal para persoas sen fogar

O Concello de Nigrán contará de cara ao verán coa súa primeira vivenda de emerxencia social, que servirá tamén para o programa de respiro familiar e de autonomía do Centro de Educación Especial Juan María.

O goberno de Nigrán obtivo esta semana a autorización da desafección do uso docente desta antiga vivenda  do mestre en Balinfra (Camos), o que lle permite destinala a estos novos usos sociais -o goberno local presentara esta proposta de desafección na sesión plenaria do pasado mes de xuño, procedendo tralo acordo da corporación a facer a solicitude formal ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, quen comunicou agora a súa resposta favorable-.

O obxectivo é poder empregar esta casa desocupada para situacións de urxentísima necesidade e tamén para que os usuarios do Centro Juan María poidan gozar de programas de respiro familiar ou de preparación para unha vida independente. «Unha vivenda é un recurso importantísimo para o Concello, por iso queremos que deixe de estar valeira para que sí cumpla un obxectivo social», resume o alcalde, Juan González.

A edificación, de 339 metros cadrados, consta de dúas vivendas, estando a do lado oeste -número 43- desocupada e deteriorada e, polo tanto, sen cumplir ningunha finalidade. A casa en cuestión -que será reacondicionada- conta con 80 metros cadrados de planta, dous pisos e xardín nunha parcela de 2.789 metros cadrados. A escola infantil á que estaba vinculada xa non cumple tal función, por esta razón o anterior goberno socialista solicitara en 2010 á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a desafección do seu uso docente, sendo concedido o 15 de marzo de 2015 e permitindo así que as escolas sirvan para albergar a Escola Municipal de Música ou o grupo de pandereteiras da Asociación Cultural A Camoesa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.