Vigo al minuto

Os traballadores da concesionaria do alumeado público de Vigo, en folga indefinida dende o 8 de febreiro

O persoal da UTE Luze Vigo, concesionaria do servizo de mantemento das instalacións de alumeado público, túneles, pasos inferiores, fontes e estanques do Concello, decidiu convocar folga indefinida despois de que a empresa modificase as súas condicións laborais no que respecta ao horario da xornada de traballo. Ao mesmo tempo, os traballadores denuncian o incumprimento do convenio no referente aos pluses de labores especiais e reclaman a actualización das categorías profesionais.

O cadro de persoal da UTE Luze Vigo, integrado por 45 traballadores, decidiu por unanimidade en asemblea promover a convocatoria dun paro indefinido a partir das 7 da mañá do vindeiro mércores, 8 de febreiro, en resposta á modificación substancial das súas condicións de traballo no que respecta aos cadrantes horarios da xornada laboral.

Segundo explican dende a federación de Industria da CIG -central á que pertencen os dous delegados de persoal da empresa-, o conflito iníciase unha vez que se produce o cambio da concesionaria porque a UTE que se fai cargo do servizo asume novas funcións sen facer máis contratacións. En concreto, Luze Vigo -formada pola anterior concesionaria, Imesapi, e por FCC- encargarase a partir de agora tamén do mantemento dos túneles, para o que considera necesario cambiar a xornada laboral dos empregados.

Ao mesmo tempo, con esta folga os traballadores queren tamén rexeitar os incumprimentos de convenio no referente aos pluses de traballos especiais -tóxicos, penosos e perigosos-, que a compañía non quere abonar. Outro dos motivos do paro é reclamar a actualización das distintas categorías profesionais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.