Vigo al minuto

Recibidas no Concello 35 propostas para a rehabilitación de Panificadora

O Concello recibiu 35 propostas para o concurso de ideas para a rehabilitación da Panificadora e da súa contorna, a expensas dos que poidan entrar nos vindeiros días por correo ordinario, xa que o prazo remata o luns 30 de xaneiro.

Ao día seguinte, reúnese a comisión administrativa do concurso de ideas para comprobar que todas as propostas reúnen os requisitos formais esixidos. Tamén procederá á apertura do sobre no que cada un dos aspirantes propón o nome dunha persoa para integrar o xurado do concurso que se elixirá por sorteo entre todas as achegas ese mesmo día.

Segundo informou este venres o alcalde, desde ese día «estamos lanzados no proxecto de recuperación da Panificadora cunha cifra moi importante para as expropiacións» e, posteriormente iniciarase o desenvolvemento urbanístico do proxecto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.