Cultura Vigo al minuto

Carlos Blanco, este sábado no Auditorio de Teis

A Asociación Veciñal de Teis, organiza este sábado, día 28 de xaneiro ás 8 da tarde, no auditorio de Teis, a actuación do monologuista Carlos Blanco.

O auditorio de Teis ten unha capacidade para 297 persoas, e dende o pasado luns as entradas están esgotadas, que se puxeran á venda, paras socios, o pasado 12 de xaneiro, e para non socios, o día 16, no local da asociación.

Segundo subliñan os veciños, o éxito desta actividade fará que a asociación repita este tipo de eventos culturais no futuro.

También te puede interesar