Galicia

Amplo seguimento da folga convocada pola CIG nos centros de chamadas de Galicia

A xornada de folga convocada pola CIG nos centros de chamadas do país para reclamar un convenio colectivo digno no sector está a rexistrar novamente un “amplo seguimento», segundo os sindicatos.  Coincidindo co paro, centos de traballadores mobilizáronse en Vigo, A Coruña e Lugo en defensa das súas condicións laborais.

Os representantes dos traballadores decidiron promover o paro despois de que na última xuntanza da mesa de negociación do convenio, celebrada o pasado 11 de xaneiro, a patronal retirase as súas propostas de subida salarial –“para manter os custes baixos”- e de horas médicas –“para que quede como está”-.

A medida de presión está a ter novamente un amplo seguimento por parte do sector, que secundou a folga de xeito similar a anteriores convocatoras e participou nas mobilizacións que tiveron lugar en Vigo, A Coruña e Lugo. Nas dúas primeiras cidades as protestas consistiron nunha manifestación, mentres que no caso de Lugo celebrouse unha concentración diante das instalacións da empresa Abante BPO.

En Vigo, o punto de saída foi a Praza dos Cabalos e o remate na delegación da Xunta, onde interveu a responsábel da CIG no sector dos centros de chamadas, Laura Pérez Figueroa. A representante sindical repasou os principais motivos da convocatoria e apostou por seguir coas mobilizacións até lograr un convenio colectivo digno que respecte as condicións laborais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.