Vigo al minuto

Vitrasa sinala que a súa aplicación para cobrar o billete metropolitano estará rematada o mércores

O ‘culebrón’ o transporte metropolitano non remata: o venres o alcalde afirmaba que non hai diferencias entre a proposta do Goberno local e o que pide o Partido Popular, e que todo é un problema técnico  que foi politizado polo presidente Feijóo para acabar coa Área Metropolitana.

Dende a Xunta respostaron que Vitrasa non entregara o segundo dos software necesarios para cobrar aos viaxeiros, ainda que xa non se falaba, para nada do prezo do billete. Vitrasa sinalou que a empresa ESYCSA-ETRA – encargada de desenvolver o seu software- “reafírmase en que o próximo día 18 de xaneiro terá dispoñible a aplicación definitiva, momento no que dariamos por terminados todos os axustes pendentes”.

A empresa engadía que “dada a premura, pedimos de maneira reiterada durante os últimos días á empresa contratada pola Xunta que nos enviase o documento de Probas Actualizado para o Transporte Urbano de Vigo, imprescindible para avanzar no proceso”

Até este momento, subliña Vitrasa, «ESYCSA-ETRA foi incorporando todas as correccións de ABANCA producidas coa lectura da TMG -cartón do Transporte Metropolitano da Xunta- para corrixir posibles fallos detectados no programa. A día de hoxe seguimos esperando que nos confirmen a corrección das últimas deficiencias. Sen esa ratificación non se pode avanzar no proceso”.

Por iso, remata, “tan pronto como a Xunta nos confirme a corrección das últimas deficiencias, Vitrasa estará en condicións de comezar a próxima semana as probas finais”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.