Vigo al día

Centos de persoas acuden ao chamamento de @AsembleaDeCoia e apoian a Diego antes do peche na parroquia Cristo da Victoria

Imágenes:vigoalminuto.com/Centos de persoas apoiaron este domingo o inicio do peche de dous días, impulsado pola Asemblea Aberta de Coia, para esixir a absolución de Diego Lores, que foi denunciado por empurrar a un axente de policía que sufriu lesións durante unha das protestas, en decembro de 2014, contra a instalación por parte do Concello do barco Bernardo Alfageme na ‘Rotonda de Alcampo’.

Antes do peche, Diego agradeceu que tantas persoas estean ao seu carón, e que leven con él tanto tempo, en especial cando o que se trata é de defenderse en contra de actitudes e comportamentos coma os que provocaron esta situación.

Pola súa banda, o párraco do Cristo da Victoria, o pai Juan, logo de reiterar o mesmo que dixera hai xunto dous anos, repetiu que “Abel Cabllero está xerando unha situación de violencia, nesta cidade e neste barrio que non existía”, subliñou que co apoio a Diego, con este peche, non remata nada, senon que segue adiante e, advertiu, se esto non se para, “nós seguiremos moblizándonos”.

O pai Juan fixo un chamamento, directamente, ao axente que mantén a denuncia contra Diego Lores, “pido a José Manuel Del Bosque que retire a súa acusación que é xa a única que sustenta este xuizo posto que a Fiscalía non atopou probas para seguir adiante coa acusación a Diego”, e engadiu “pídolle, coma ser humano, que estea por riba do seu orgullo e retire a súa acusación”.

O peche, durante o cal haberá distintas actividades, rematará o martes, día 12, ás 9 e media da mañá, para acompañar a Diego ata o Xulgado, na rúa Lalín onde os membros de Asemblea Aberta de Coia se concentrarán antes do xuízo.

Diego Lores enfróntase a unha pena de 3 anos e medio de prisión e unha sanción de 30.356 €  por responsabilidade civil. O colectivo, que insiste na súa inocencia, fai un chamamento a sumarse a esta iniciativa para “desmontar unha montaxe policial que busca criminalizar a loita veciñal e social en Vigo, da que Lores é un dos seus referentes xa que sempre foi unha das caras máis visibles da loita da rotonda de Coia”.

También te puede interesar