Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Aparecen restos do corpo doutro menor no xacemento de A Lanzada

Os restos doutro corpo dun menor foron atopados esta mesma mañá nas últimas escavacións que estanse  a facer  no xacemento da Lanzada por parte do equipo de arqueólogos.

Estes novos restos, que se atopan en mal estado de conservación, foron localizados a uns 16 metros ao Leste da localización dos anteriores enterramentos de varios corpos de nenos e nenas. Nunha primeira inspección se tratarían dun menor de 2 anos que podía ter algún problema físico pola curvatura que presentan algúns dos ósos atopados.

Apareceu próximo a unhas estruturas que o equipo de arqueoloxía aínda está pendente de clasificar para poder determinar a súa idade aproximada.

Tras os últimos restos de cerámicas e da pulseira atopados en días pasados, este sería achádeo máis importantes da última área de escavación. De feito, apenas quedan uns dezaseis metros cadrados de escavación para concluír esta fase no xacemento de A Lanzada.

Nuns días o persoal da escavación vai comezar a preparar os noiros e a conservación das estruturas atopadas antes de dar por rematada a intervención no xacemento.

También te puede interesar