RGPD - Cookies
Galicia

Licitado o control de entrada á Praia das Catedrais no concello lucense de Ribadeo

Segundo publica este xoves o Diario Oficial de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente ven de licitar o contrato para o servizo de ordenación do uso público e divulgación do Monumento Natural da Praia das Catedrais, no concello lucense de Ribadeo, por maís de 150.000€.

O contrato, que tamén será financiado pola Unión Europea, ten coma obxectivo a mellora do uso do monumento natural os periodos de baixada á praia, polo cal abrangue o control e vixiancia, ademáis de accións de divulgación e atención aos visitantes os veráns de 2017 e 2018 e a Semana Santa de 2018 e 2019.

A empresa que resulte elixida tamén controlará as zonas de estacionamento, o seguimento do comportamento dos visitantes e deberá organizar visitas guiadas ao monumento natural.

Hai que lembrar que 247.770 persoas estiveron en As Catedrais entre xullo e setembro pasado, un 25% máis que o ano anterior, delas  81.903 en xullo, 116.885 en agosto e 48.982 en setembro.

También te puede interesar