RGPD - Cookies
Comarcas

Redondela recibirá o vindeiro ano 1,2 millóns de euros do ‘Plan Concellos’ da @depo_es

 

A Deputación de Pontevedra achegará o vindeiro ano 2017 un 4% máis de recursos ao concello de Redondela no marco do ‘Plan Concellos’. Deste xeito, a vila recibirá case 1,2 millóns de euros, ademais doutras axudas e subvencións que reciba á marxe deste plan.

Durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra destinou a Redondela un total de 1,3 millóns de euros, dos que 1,12 millóns se corresponderon co ‘Plan Concellos’.

Ademais, a institución provincial investiu 127.000 euros en mobilidade, 29.000 euros en cohesión social e xuventude, 80.000 euros en cultura e lingua, 59.000 euros para o fomento do emprego, 17.000 euros para o impulso do deporte, 8.000 euros en medio ambiente e outros 4.000 euros para a igualdade entre mulleres e homes.

 

También te puede interesar