Deportes Destacados

Galicia, vencedora do Torneo IV Nacións

A selección galega feminina absoluta proclamouse en Granollers vencedora do Torneo IV Nacións, tras superar na final con rotundidade a Euskadi (23-33).

Ademais, as galegas dominaron en todos os aspectos: Sarai Samartín foi elixida mellor xogadora da final e Alicia Martínez do torneo.

As galegas saíron moi metidas no partido dende o principio fronte a un durísimo rival coma Euskadi. Intercambio de goles dende os primeiros minutos pero as galegas por diante do marcador en todo momento e cun equipo que arrasou na segunda parte e deixou un resultado final con dez goles de diferencia.

También te puede interesar