Destacados

@queixeriaPCampo, @EnfrmraSaturada e @FunilGal, premios #inlugo16 nos que @srvQueen asinou a mellor fotografía

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, entregaron este sábado os Premios #INLUGO, no marco do IV Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais.

Con estes galardóns, o organismo provincial recoñece iniciativas, persoas e organizacións da provincia que fan bo uso da internet, as novas tecnoloxías e as redes sociais. Na edición deste ano, na que se presentaron case corenta candidaturas repartidas en tres categorías, os gañadores foron a Queixería do Campo-@queixeriaPCampo-, Enfermera Saturada –@EnfrmraSaturada– e Funil.gal-@FunilGal-.

Así mesmo, tamén se deu a coñecer o gañador do concurso de fotografía #Inlugo16, que foi Saritísima (@srvQueen), co que se buscaba premiar á mellor imaxe da cidade e que os asistentes publicaran nas redes sociais co hashtag #inlugo16. A vencedora recibiu un smartphone última xeración.

También te puede interesar