Cultura Destacados

Os Biosbardos leva a súa Trastenda a Navia para festexar a ‘papanoelada’

A Trastenda de Parche, a tenda virtual da Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos de Ponteareas, sairá este sábado 17 de decembro á rúa para facer pasar a todos os interesados unha tarde distinta e divertida.

A protectora trasladará a súa tenda ata Navia, pola zona do campo de fútbol, dentro das actividades programadas pola tradicional papanoelada moteira que se celebra cada ano en Vigo.

De 16.30 a 20.30 horas, poderás atopar xoguetes, libros infantís, peluches, xogos, calendarios... todo tipo de artigos que poden ser un bo agasallo para este Nadal ao mellor precio.

También te puede interesar